• centro de referencia para a educación ambiental en Galicia
    CEIDA
  • capacitar para a sostibilidade ambiental
  • sensibilizar sobre os problemas ambientais
  • coñecer para conservar o patrimonio natural
  • divulgar o coñecemento ambiental

Xornada Intelixencia Artificial, Sostibilidade Turística e Turismo de Natureza

Vostede está aquí

Xornada Intelixencia Artificial, Sostibilidade Turística e Turismo de Natureza
Prazas limitadas
Data
venres, 16 Maio, 2025
Horario

10 a 14 horas.

Lugar

Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Organiza

CEIDA

Patrocina

Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Xunta de Galicia

Obxectivos
  • Dar a coñecer como as tecnoloxías de Intelixencia Artificial (IA) poden ser unha oportunidade como ferramenta ao servizo dos profesionais do turismo e contribuír a mellorar a experiencia turística.
  • Descubrir o concepto de turismo 3.0, impulsado pola dixitalización.
  • Entender como os sistemas baseados na IA poden contribuír a cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a adopción de políticas que fagan posible un turismo sostible e respectuoso co medio ambiente, sen diminuír a calidade dos servizos.
Dirixido a

Persoal técnico municipal de turismo, persoal técnico de medio ambiente, informadores/as turísticos, empresas do sector turístico, estudantes de turismo, profesionais da educación ambiental, guías de turismo, monitores de actividades de tempo libre, ou público xeral interesado.

Programa
  • 9.30 h. Recepción de participantes.
  • 10.00 h. Inauguración das xornadas.
  • 10.15 h. Intelixencia Artificial. Presente e futuro. Concepto, funcionamento, evolución e previsións. Javier Argente. CEO AR Visión
  • 10.45 h. Ferramentas, integración e novidades da IA no día a día de empresas e aloxamentos turísticos para a promoción e a comercialización. D. Fernando Quesada. Director Comercial AR Visión
  • 11.15 h. Intelixencia Artificial na creación de destinos sostibles. D. Alfonso Polvorinos Ovejero. Asesor técnico sobre Ecoturismo, Turismo de Natureza e Turismo Responsable/Sostible. Director da primeira revista multimedia 4.0 sobre Ecoturismo www.elecoturista.com
  • 11.45 h. Descanso.
  • 12.15 h. O uso da IA actualmente en destinos intelixentes. D. Fernando Quesada. Director Comercial AR Visión.
  • 12.45 h. Mesa Redonda: O papel do guía en tempos da IA.
    Moderador: D. Antonio Sandoval Rey. Escritor, comunicador e Educador Ambiental. Participan:
    • Javier Argente. AR Visión.
    • Alfonso Polvorinos. Asesor técnico sobre Ecoturismo, Turismo de Natureza e Turismo Responsable/Sostible.
    • Fernando Quesada. AR Visión
    • Equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
  • 14.00 h. Fin da xornada.
Inscrición
  • Inscrición gratuíta.
  • Prazas limitadas.

Script modelado 3D

CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia
Universidade da Coruña
Xunta de Galicia
Concello de Oleiros

Acerca do Ceida

Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
 981 630 618
 981 614 443
ceida@ceida.org

Suscríbete ás nosas novas

Políticas do sitio